A solución definitiva para dixitalizar o envío, a sinatura e a custodia de información na túa empresa
METAPOSTA Delivery, cun deseño sinxelo e intuitivo, contén todas as funcións que unha empresa necesita para encarar a súa transformación dixital.
METAPOSTA Delivery achega unha solución para cada necesidade.
Envío de documentación
Calquera empresa ou organización que se torne emisor pode enviar, grazas a METAPOSTA Delivery, documentación de forma segura. Tanto a colectivos internos da empresa (empregados, comité de empresa, accionistas, etc.) como a colectivos externos a esta (clientes, fornecedores, etc.).
Formalización de contratos con sinatura electrónica
METAPOSTA Delivery permite dixitalizar e axilizar a xestión administrativa dos contratos. A nosa solución permíteche asinar electronicamente e de forma non presencial contratos e acordos con clientes, fornecedores e persoal da túa empresa. Este proceso realízase de maneira segura e case inmediata.
METAPOSTA Delivery proporciónache unha canle mediante a cal recolleres un «aviso de recibo» útil para comunicacións como aprobación de partes de horas, documentos de confidencialidade, copias básicas de contratos, liquidacións de contratos ou documentos de prevención de riscos laborais (PRL), entre outros moitos.
Envío de certificados académicos asinados e con CSV
METAPOSTA Delivery permítelles aos centros educativos entregar os diplomas e certificados de estudos en formato electrónico ao seu alumnado. Estes certificados dispoñen dun código seguro de verificación (CSV) para comprobar a validez da sinatura e a integridade do documento.
METAPOSTA Delivery permite almacenar os documentos asinados electronicamente e, nas mesmas caixas de correo onde se entregan e gardan, realizar o reselado periódico sen que a organización teña que ocuparse, o que garante a plena legalidade no longo prazo dos documentos custodiados.
A través da caixa de correo PRO de METAPOSTA, a empresa pode pór á disposición dos seus clientes, fornecedores e colaboradores os documentos e as comunicacións que precise compartir con eles. E todo isto con aviso de apertura: o propietario da caixa de correo PRO de METAPOSTA recibirá un correo de aviso cando unha das partes con quen compartiu un documento acceda a este.
METAPOSTA Services é un conxunto de servizos web, interfaces e canles de comunicación que facilitan o desenvolvemento integrado das aplicacións da túa organización e a explotación de todas as funcións que ofrece METAPOSTA.
GA Este sitio web utiliza archivos cookies proprios y de terceros para mejorar nuestros servicios y adaptar el sitio web a sus hábitos de navegación. Si continúa navegando se entenderá que acepta su uso. Más información sobre el uso de cookies.